domingo, 26 de agosto de 2012

I


Sabela estaba soa.
El abandoáraa cando só pensaba en ser unha estrela do fútbol.
Sabela queríao.
Pero para el só existía unha cousa: o fútbol.
Sabela esqueceuno, como se esquecen todos os amores da adolescencia que non son o primeiro.
E agora el volvía para amala.
Sabela chorou, chorou tanto como cando el lle dixo que non a quería.
Pero desta vez el acompañou as súas bágoas coas dela.
Sabela botou a correr polas rúas daquela mollada cidade. Agora a que non quería nada era ela.